Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > López Orozco asina cun convenio co Colexio de Notarios para facilitar os trámites administrativos aos contribuíntes

López Orozco asina cun convenio co Colexio de Notarios para facilitar os trámites administrativos aos contribuíntes

Miércoles, 22 de febrero de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o decano do Colexio Notarial de Galicia, José Manuel Amigo Vázquez, asinaron o convenio co que se facilitará o pago da plusvalía na mesma notaría na que se realiza a transmisión do ben e, ademais, poderase coñecer a situación actual sobre os pagos do IBI pendentes do ben transmitido. Este acordo forma parte dunha serie de convenios que o Concello vai asinar con diferentes entidades para ofrecer unhas maiores facilidades aos contribuíntes, e que xa asinou co BBVA.

Desta maneira, o Concello de Lugo e o Colexio de Notarios, a través das novas tecnoloxías da información, ofrecen aos cidadáns a posibilidade de realizar na mesma notaría na que se concede a escritura pública, a autoliquidación das plusvalías e coñecer o estado do IBI. No primeiro dos casos, prestarase unha asistencia para a autoliquidación das plusvalías (IIVTNU) podendo acceder, o notario, dende unha plataforma tecnolóxica corporativa a unha base de datos do Concello dende o que poderá obter o borrador de autoliquidación e facer o pago on-line sen saír do despacho.

Na segunda posibilidade, os contribuíntes tamén poderán obter información e a posibilidade de abonar as débedas pendentes do IBI e das que teña que responder a persoa que adquira o inmoble. Tamén sen poderá incorporar ao padrón do IBI os efectos de carácter tributario deducidos das alteracións catastrais declaradas mediante escritura notarial.

Con estas medidas, o Concello de Lugo, preténdese avanzar na chamada ventanilla única da administración co obxectivo de facilitar os trámites burocráticos aos contribuíntes e conseguir tamén unha maior eficacia recadatoria. Neste sentido, o Concello de Lugo, xa comezou as negociacións con diferentes entidades para seguir facilitando o abono dos impostos municipais evitando o seu desprazamento como son o Colexio de Xestores, a Oficina do Catastro, a Axencia Tributaria e a Dirección Xeral de Tráfico.


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/32878