Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Remata o curso de ciclomotor que se celebraba no Parque Infantil de Tráfico do Concello de Lugo

Remata o curso de ciclomotor que se celebraba no Parque Infantil de Tráfico do Concello de Lugo

Jueves, 14 de julio de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O curso de ciclomotor que se levaba a cabo no Parque Infantil de Tráfico do Concello de Lugo e que rematou o día 8 de xullo xa obtivo os primeiros resultados nas probas para acadar a licenza de ciclomotor ante a Xefatura de Tráfico de Lugo.

A actividade, que se levou a cabo entre o 27 de xuño e o 8 de xullo en horario de 17:00 a 19:30 horas, contou cunha participación de 13 rapaces e rapazas de entre 15 e 16 anos. Destes, foron 8 nenos e nenas os que se presentaron ás probas para obter a licenza AM que lles da autorización para circular en ciclomotor, dos que cinco obtiveron a cualificación de aptos. Da mesma maneira os cinco que non se presentaron é porque xa dispoñen da licenza de ciclomotor de anos anteriores.

Estes cursos están dirixidos a nenos e nenas de oito a catorce anos, en karts e bicicleta, e de 15 e 16 anos, en ciclomotor. O obxectivo é formar aos rapaces e rapazas lucenses para que coñezan as normas de circulación e fomentar así a seguridade cidadá. Os cursos de verán rexistran unha asistencia media de 200 rapaces e rapazas.

Coñezca o Parque Infantil de Tráfico (PIT) [1]


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/32671

Enlaces:
[1] http://www.lugo.es/cs/Satellite?c=Spark_SecNivel4&cid=1194429731600&color=Rojo&ecentral=Lugo%2FCentroSeccion%2FLugoConcelleriaPublicacionDocumentos&idioma=gl&pagename=Lugo%2FPage%2FLugoContenedor&tipoLetra=Texto1