Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Campus Lugobasquet 2011 celebrarase na cidade do 3 ao 9 de xullo

O Campus Lugobasquet 2011 celebrarase na cidade do 3 ao 9 de xullo

  • Tema
    • Deportes
Viernes, 24 de junio de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o coordinador das actividades, Iván García, o Vicepresidente do Club Porta XI, Santiago Argüeso, e o Delegado da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Rozas, presentaron esta mañá o Campus Lugobasquet 2011 que terá lugar na cidade do 3 ao 9 de xullo.

O campus desenvolverase nas instalacións do Pazo Provincial dos Deportes e poderá optarse por dous tipos de inscrición: media pensión, en horario de 10.00 a 19.00 horas, e cun prezo de 90 euros; e pensión completa, que inclúe aloxamento na residencia LugII, o prezo neste caso é de 200 euros.

Segundo sinalou o coordinador das actividades, Iván García, polo momento hai 70 inscritos, e aínda se está a tempo de facer a inscrición.

Máis información e inscricións a través da páxina web: www.ensinolugo.com [1]


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/32632

Enlaces:
[1] http://www.ensinolugo.com