Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo realiza unha campaña informativa sobre os trámites online

O Concello de Lugo realiza unha campaña informativa sobre os trámites online

Jueves, 20 de octubre de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo aposta unha vez máis polas novas tecnoloxías, por iso dende o servizo de información 010 vanse realizar diversas campañas informativas para que a cidadanía coñeza as vantaxes de realizar trámites online coa administración local, segundo informou o Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga.

As campañas informativas que se levarán a cabo nos próximos meses serán para potenciar o uso do DNI Electrónico, a Carpeta Cidadá [1], a Administración Electrónica [2] e a Tarxeta Cidadá [3] no propio Concello. No primeiro dos casos está orientada a explicar os trámites que se poden realizar na oficina virtual do Concello de Lugo empregando o DNI electrónico, a descarga de drivers para o ordenador ou como solicitar o certificado dixital.

No caso da Carpeta Cidadá, tamén se porá toda a información para coñecer esta aplicación na que os cidadáns poderán consultar o estado dos recibos municipais, das multas e diversas xestións administrativas realizadas en dependencias municipais. No caso da campaña de información sobre a Administración Electrónica os interesados poderán ter máis datos para coñecer e empregar a oficina virtual do Concello. Sobre a Tarxeta Cidadá tamén está en marcha unha campaña para explicar a utilidade da mesma, como solicitala, como realizar o pago do sistema da zona ora, dos bonos das piscinas municipais ou do transporte urbano.

Todas estas campañas, que tratan de concienciar aos veciños e veciñas de Lugo no uso das novas tecnoloxías, realízanse vía alerta de mensaxes aos usuarios inscritos no servizo de mensaxería, así mesmo, indicar que dita campaña esta aberta a toda a poboación que así o solicite a través do teléfono 010 ou ben 982 297 350 para chamadas realizadas dende fora do municipio de Lugo. 

Máis información: Sede electrónica [2], Carpeta cidadá [1] e Tarxeta Cidadá [3]

 


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/32503

Enlaces:
[1] http://www.lugo.es/cs/Satellite?pagename=Cidadan/Page/CidadanInicio
[2] http://www.lugo.es/cs/Satellite?c=Spark_SecNivel2&cid=1211783649422&color=Rojo&ecentral=Lugo%2FCentroSeccion%2FLugoOutrosTramites&idioma=gl&pagename=Lugo%2FPage%2FLugoContenedor&tipoLetra=Texto1
[3] http://www.lugo.es/cs/Satellite?c=Spark_TextGenerico&cid=1227495465905&idioma=gl&pagename=Lugo%2FSpark_TextGenerico%2FLugoTexto&tipoLetra=Texto1