Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello aproba o proxecto de humanización da praza de Agro do Rolo

O Concello aproba o proxecto de humanización da praza de Agro do Rolo

  • Tema
    • Urbanismo
Jueves, 15 de septiembre de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concello aprobou hoxe o proxecto de humanización e mellora da praza de Agro do Rolo, segundo informou o primeiro Tenente de Alcalde e Concelleiro de Cultura e Turismo, Antón Bao, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno Local.

O proxecto contempla a instalación dun parque infantil cuberto, para facilitar o o uso desta área de xogos sexan cales sexan as condicións meteorolóxicas. Bao explicou que este proxecto ten un orzamento de 309.966 euros, que financiará o Ministerio de Fomento mentres que o Concello encargouse de facer o proxecto e tamén se encargará da dirección da obra. Bao destacou que este é un dos proxectos do Goberno local encamiñados a “humanizar todas as zonas e barrios de Lugo”.

A Xunta de Goberno Local tamén lle deu o visto e prace definitivo ó proxecto de urbanización do polígono 3 da Louzaneta, acordo do que deu conta o terceiro Tenente de Alcalde e Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, quen sinalou que este acordo “permitirá desenvolver o último dos tres polígonos da Louzaneta”.

Na xuntanza que celebrou este mércores o Goberno local tamén se aprobou o nomeamento de quince auxiliares de administración xeral que aprobaron as probas selectivas para o acceso en propiedade, en quenda libre, destas prazas incluídas no cadro de persoal funcionario.

 


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/32440