Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Esta fin de semana desenvólvese a final do programa Pilotando en Igualdade

Esta fin de semana desenvólvese a final do programa Pilotando en Igualdade

  • Tema
    • Igualdade
Viernes, 29 de junio de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, que dirixe Carmen Basadre, en colaboración co piloto de rallys José Alonso Liste, organiza esta fin de semana a fase final do programa Pilotando pola Igualdade no que se seleccionará a muller que será a súa copiloto en varias carreiras, mesmo no próximo Rally San Froilán.

O sábado as participante asistirán a un cursiño teórico e tamén realizarán simulacións dun percorrido de rally. Estas actividades terán lugar durante todo o día no Hotel Santiago. O horario será de 9.30 da mañá ata as 20.00 horas cando terá lugar a elección das tres finalistas.

O domingo farase a elección da muller que será copiloto de Alonso Liste que seleccionará logo das prácticas que realizarán as finalistas cun coche BMW Mini Rally N2 nun circuíto no polígono das Gándaras, a partir das 10.00 horas.

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude colabora nesta iniciativa co propósito de contribuír á participación da muller nun deporte tradicionalmente masculino.


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/32299