Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Alcalde recibiu a visita de Pilar Iglesias, Campioa do Mundo de Veteranos en 10 quilómetros marcha

O Alcalde recibiu a visita de Pilar Iglesias, Campioa do Mundo de Veteranos en 10 quilómetros marcha

  • Tema
    • Deportes
Jueves, 26 de abril de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, recibiron a visita de Pilar Iglesias, Campioa do Mundo de Veteranos en 10 quilómetros marcha en pista cuberta dentro da categoría F-40. A marchadora lucense, que pertence ao Club Lucus Caixa Rural Galega, suma este título logrado en Finlandia, ao conseguido o ano pasado a nivel europeo.

López Orozco destacou a importancia que este título ten para o deporte feminino e interesouse pola conciliación da vida laboral e deportiva da Campioa do Mundo. Ademais felicitouna polo título e deulle as grazas por levar o nome de Lugo por todo o mundo.


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/31558