Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Este fin de semana disputaranse no Pazo dos Deportes de Lugo varias competicións de baile deportivo

Este fin de semana disputaranse no Pazo dos Deportes de Lugo varias competicións de baile deportivo

  • Tema
    • Deportes
Jueves, 05 de mayo de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

As competicións contan con máis de 400 parellas inscritas

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao, o Xefe da Sección de Deportes da Xunta de Galicia, Ángel Fiz, e Berta Figueras pola Escola de Baile Star Dance, presentaron esta mañá o Campionato de España Latinos 2011, o III Trofeo Cidade de Lugo e o I Trofeo Lucus, que se disputarán este sábado e domingo no Pazo dos Deportes de Lugo.

O Alcalde quixo salientar o gran traballo e ilusión coa que se traballou dende a Escola de Baile Star Dance para achegar a cidade o Campionato de España de bailes deportivos, e que conta coa colaboración do Concello, a Deputación e a Xunta. López Orozco destacou que a celebración deste Campionato na cidade “é un éxito para Lugo, que será noticia por facer ben as cousas e atraer a moita xente”, e animou a todos os cidadáns a disfrutar co baile.

Segundo destacou Berta Figueras, onte pecháronse os listados de inscritos, que ascende a 400 parellas, que chegan dende Galicia, pero tamén dende outros puntos de España, sobretodo de Palma de Mallorca, Valencia, Madrid e Barcelona. Así, e segundo explicou Figueras, o III Trofeo Cidade de Lugo conta con 250 parellas, o I Trofeo Lucus Augusti con 100, e o Campionato de España Latinos 2011 con ao redor de 200 parellas.

O I Trofeo Lucus Augusti celebrarase o sábado día 7, o III Trofeo Cidade de Lugo se desenvolverá na xornada do domingo, e o Campionato de España Latinos 2011 será nas dúas xornadas, que darán comezo as 9.00 horas. Todas elas serán no Pazo dos Deportes de Lugo.

A venda de entradas será no Pazo dos Deportes, e será de entrada gratuíta para os menores de 10 anos; a entrada para maiores de 10 anos será de 15 euros para unha xornada e de 25 para as dúas xornadas; para os maiores de 65 anos os prezos serán de 10 euros para un día e de 15 euros para os dous días.

Máis información na páxina web: http://latinos.bailaconmigo.com [1]


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/29440

Enlaces:
[1] http://latinos.bailaconmigo.com