Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Este venres darán comezo as novas actividades do trimestre do programa de ocio xuvenil alternativo MAX

Este venres darán comezo as novas actividades do trimestre do programa de ocio xuvenil alternativo MAX

  • Tema
    • Xuventude
Jueves, 13 de enero de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Movida Alternativa Xuvenil é programa de ocio alternativo que organiza o Concello e que se celebra os fins de semana na Casa da Música, a piscina das Pedreiras e o Polideportivo da Piringalla

A inauguración do trimestre contará cun concerto a cargo dos grupos lucenses JPA, Ripper Ground e Mythical Fail

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou hoxe a nova programación de actividades previstas para o vindeiro trimestre do programa MAX (Movida Alternativa Xuvenil), que dará comezo este venres día 14 de xaneiro e rematará o 16 de abril.

Debido ao grande éxito de moitas das actividades ofrecidas por este programa de ocio xuvenil, a Concelleira de Xuventude sinalou que moitas terán continuidade, se ben haberá algunha que outra novidade, como o concerto de inauguración que terá lugar mañá na Casa da Música.

Actividades MAX

Actividades dos venres

21.30h – 23.00h Cociña para todos/as (Casa da Música)

23.00h – 00.30h Patinaxe-Xoquei en liña (Polideportivo de A Piringalla) HL Lugo

23.00h – 00.30h Street Dance (Casa da Música)

Actividades dos sábados

18.30h – 19.30h Ximnasia na auga (Piscina das Pedreiras)

19.45h – 20.45h Ioga (Piscina das Pedreiras)

20.30h - 21.30h Tenis de mesa (Parque da Milagrosa) CD Dez Portas

21.30h – 23.00h Tiro con Arco (Galería do parque da Milagrosa) CD Lucus Augusti

21.30h – 23.00h Danza do ventre-danza oriental (Casa da Música)

23.00h – 00.30h Bailes latinos (Casa da Música)

Os venres e sábados de 17.00 a 00.30 horas e tódolos días da semana de 17.00 a 22.00 horas a Casa da Música ofrece a posibilidade de xogar coa Wii, con xogos de enxeño, con plataformas de baile, billar, ping-pong, internet... Todas as actividades son gratuítas e de entrada libre.

Concerto de inauguración

Como novidade desta programación trimestral, a Concelleira de Xuventude destacou que este venres día 14 de xaneiro, celebrarase a partires das 19.30 horas na Casa da Música un concerto a cargo dos grupos lucenses JPA, Ripper Ground e Mythical Fail, todos eles usuarios da Casa da Música. Ademais, as 23.00 horas haberá unha exhibición e Master Class que impartirá o lucense Rubén Hamade (Ángeles Breakers).

Mythical Fail

Unha banda lucense de rock alternativo e de recente creación (comezaron os ensaios na Casa da Música o 2 de decembro) pero con moitas ganas de participar neste concerto de inauguración das actividades trimestrais do MAX.
Os compoñentes deste grupo son Cobas a guitarra rítmica, Juanolas o baixo, Robert a batería, Javi como guitarra solistas e as voces de Nano e Antonella.

Ripper Ground

Ripper Ground fórmase en decembro do ano 2009. Tras algunhas variacións na súa formación, consolídase con tres membros: Javi López como guitarra, solista e cantante, Bruno Pardo como guitarra rítmica e coros e Samu Arias na batería. O grupo lucense xa ofreceu numerosos concertos, e o vindeiro mes de marzo teñen previsto actuar nas festas de San José de As Gándaras. As súas influencias máis notables son Rosendo e o grupo Los Suaves, por iso é polo que o seu estilo estea basado no Rock dos 80's 90's.

aRo

O grupo lucense aRo nace como un xeito de esparcemento dos seus integrantes. aRo creouse a principios do ano 2009, e ofrecen unha música podería definirse como Rock, Blues e Fanky. Os seus integrantes son: José Antonio García (Batería e Voces), Francisco Suarez (Guitarra e Voces) e Agustín Cabado(Baixo e Voz). Durante estes dous anos de ensaios, aRo actuou en dúas Jam Session no Clavicémbalo de Lugo e outras dúas actuacións na Casa da Música.


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/29047