Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O luns dará comezo no Centro de Fingoi a oitava edición das Xornadas de achegamento ao tear tradicional e á artesanía de lá

O luns dará comezo no Centro de Fingoi a oitava edición das Xornadas de achegamento ao tear tradicional e á artesanía de lá

  • Tema
    • Igualdade
Viernes, 07 de enero de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, dende a área de Benestar Social e Igualdade que dirixe Carmen Basadre, organiza no Centro de Convivencia de Fingoi e por oitavo ano consecutivo, as Xornadas de achegamento ao tear tradicional e á artesanía da lá.

As Xornadas están previstas para os días 10, 11, 12, 13 e 14 de xaneiro de 2011, e pretenden contribuír ao fomento do valor da nosa cultura entre os máis novos, favorecer o coñecemento das tradicións e colaborar a preservalas así como potenciar o desenvolvemento sociocultural da comunidade.

Nesta ocasión acadouse un nivel de inscrición en canto ao número de centros educativos e alumnas/os dos máis altos de todas as Xornadas, chegando a 240 participantes.

Todas as alumnas e alumnos recibirán unha pequena introdución aos labores artesanais relacionados coa lá e co tear que se viñan desenvolvendo polas mulleres, sobre todo do rural, durante séculos. Posteriormente pasarán mans á obra nos teares tradicionais, a fiar e cardar a lá, etc… Ademais tamén poderán admirar os utensilios para facelo (teares, fusos, cardas, unha fiadora manual…) e algunhas prendas do enxoval doméstico elaboradas con eles.


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/29029