Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Concelleira de Servizos Xerais participa nunha reunión sobre novas tecnoloxías en Portugal

A Concelleira de Servizos Xerais participa nunha reunión sobre novas tecnoloxías en Portugal

Viernes, 10 de septiembre de 2010
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, explicou as actuacións que leva a cabo o Concello de Lugo para achegar as novas tecnoloxías a toda a cidadanía nun encontro que ten lugar hoxe e mañá na Cámara Municipal de Águeda (Portugal).

Luisa Zarzuela explicou as iniciativas que desenvolve a súa Concellería, especialmente nas parroquias do rural, esta mañá, na reunión que celebra na cidade portuguesa o Cuarto Comité de Pilotaxe do Proxecto PARNET-TIC, un proxecto que ten o obxectivo de diminuír a fenda dixital entre os veciños de zonas urbanas e rurais.

Na reunión tamén participou o Presidente da Deputación provincial, José Ramón Gómez Besteiro, ademais dos socios deste proxecto: Concello de Lugo, Deputación de Almería, Deputación de Huesca, da Universidade de Montpellier e da Deputación de A Coruña.

Dentro deste Comité ten lugar o Seminario “Como chegar aos medios rurais cos servizos dixitais”, que contou coa intervención da Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, en representación do Concello de Lugo.


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/28591