Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Visita do Alcalde a nova piscina de Frigsa que supuxo un investimento de tres millóns de euros procedentes do Plan E

Visita do Alcalde a nova piscina de Frigsa que supuxo un investimento de tres millóns de euros procedentes do Plan E

  • Tema
    • Deportes
Martes, 07 de septiembre de 2010
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes e Turismo, José Manuel Díaz Grandío, visitaron hoxe as novas instalacións da piscina de Frigsa. O Concello investiu tres millóns de euros financiados polo Plan E na ampliación da piscina, co que se cumpliu “unha vella aspiración, en palabras do Alcalde.

López Orozco destacou a importancia deste proxecto, que incluiu a ampliación e mellora das instalacións deportivas “coa construcción dun novo vaso da piscina ademáis da sauna, a instalación de ascensor, e novas dependencias para oficinas”. Tamén indicou que esta nova infraestrutura deportiva “non supon aumento de personal, xa que se fixo unha redistribución dos traballadores existentes e só foi necesario contratar unha persoa”.

Ademáis o Alcalde fixo fincapé en que o Concello puido facerlle fronte a esta iniciativa, “grazas ó Plan E e con esta piscina, que xa está a pleno funcionamento, demostramos unha vez máis como eses fondos revirten nun extraordinario beneficio para Lugo” e tamén “grazas ós técnicos e funcionarios que traballaron para que se fixera no menor tempo posible”.

As obras comezaron en xullo do ano 2009 e executounas a empresa OHL:

López Orozco tamén indicou que coas novas instalacións de Frigsa “poderanse dar máis cursos de natación, que pasarán de 85 a 107 e aumentarán nun 100% as posibilidades de uso libre das instalacións”.

587 inscritos no primeiro día
O Alcalde visitou a piscina de Frigsa o mesmo día no que comezou o prazo de inscripción para os cursos de natación que se impartirán nas piscinas municipais en outubro, novembro e decembro. No primeiro día inscribíronse 448 persoas para os cursos que haberá na piscina de Frigsa e 139 na das Pedreiras.

O prazo para formalizar as inscricións remata o día 14 e o prazo de matriculación será do 20 ó 28 de setembro.

Solicitudes de matrícula, horarios e máis información:

Horarios Cursos Adultos As Pedreiras [1]

Horarios Cursos Nenos As Pedreiras [2]

Horarios Cursos Adultos Frigsa [3]

Horarios Cursos Nenos Frigsa [4]

Solicitudes de matrícula e inscrición [5]


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/28561

Enlaces:
[1] http://www.lugo.es/ws/deportes/docs/2010_cursos_adultos_as_pedreiras.pdf
[2] http://www.lugo.es/ws/deportes/docs/2010_cursos_nenos_as_pedreiras.pdf
[3] http://www.lugo.es/ws/deportes/docs/2010_cursos_adultos_frigsa.pdf
[4] http://www.lugo.es/ws/deportes/docs/2010_cursos_nenos_frigsa.pdf
[5] http://www.lugo.es/ws/deportes/solicitudes.jsp