Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo formará a 25 mediadores xuvenis na prevención das drogodependencias

O Concello de Lugo formará a 25 mediadores xuvenis na prevención das drogodependencias

  • Tema
    • Igualdade
Viernes, 29 de febrero de 2008
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Servizo de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Muller e Benestar Social do Concello de Lugo, levará a cabo o III Curso de Monitores dende a Prevención: o Mediador Xuvenil en Educación para a Saúde; a prevención das drogodependencias, os venres de 16:00 a 21:00 horas e os sábados de 9:00 a 14:00 horas, entre o 28 de marzo e o 19 de abril, no Centro Social Uxío Novoneyra.

Esta actividade trata de centrar ó mediador na perspectiva de axente social comunitario en educación da saúde e,sobretodo, na prevención de drogodependencias. Trátase de dotar ós mediadores de habilidades e competencias para a organización e densenvolvemento de actuacións preventivas no medio habitual da poboación destinataria da acción.

O Concello de Lugo considera absolutamente necesaria a formación de mediadores xuvenís para levar a cabo proxectos de intervencion na área de prevención. Neste caso trátase dunha formación orientada a formar persoas cualificadas para traballar na Promoción da Saúde, especialmente na Prevención das Drogodependencias no ámbito da mediación xuvenil, pois este tipo de traballo vai dirixido a grupos de poboación sometidos a situacións de risco capaces de xerar ou incrementar problemáticas con respecto á comunidade e a sí mesmos.

Para alcanzar estes ambiciosos obxectivos, a formación conterá dunha carga teórica de 40 horas presenciais, e unha formación práctica cunha carga de 20 horas.

Diríxese a persoas cunha idade comprendidade entre os 18 e os 30 anos, dándose prioridade a aquelas vinculadas ó ámbito socioeducativo dende a prevención das drogodependencias.

O total das prazas existentes será de 25, tendo prioridade na matrícula a orde de inscrición e as características antes citadas.

Os interesados poderán realizar a súa inscrición a partir do 3 de marzo nas Oficinas do Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias sito no 3º andar do Centro Social Uxío Novoneyra. Pódese obter máis información no teléfono 982 297 498.


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/20873