Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Atropelo na rúa Alférez Provisional

Atropelo na rúa Alférez Provisional

Miércoles, 02 de enero de 2008
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Un equipo da Unidade de Atestados da Policía Local instrúe dilixencias por un atropelo acaecido hoxe, ás 10:55 horas, na rúa Alferez Provisional, vía de tránsito peatonal.

Dito atropelo prodúcese ó golpear a furgoneta matrícula 7191-DTS ó peatón J.L.B., que se lesiona na súa faciana ó precipitarse sobre o chan. A furgoneta achábase estacionada na citada rúa, na marxe do edificio de Caixa Galicia, e ó iniciar a marcha, debido a que a rúa ten perfil en rampa, desplázase hacia atrás, momento no que golpea coa súa parte traseira contra o peatón.

O peatón, de avanzada idade, resulta lesionado de pronóstico leve.


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/20348