Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Máis de 3.000 persoas están subscritas ás diferentes canles informativas do Concello

Máis de 3.000 persoas están subscritas ás diferentes canles informativas do Concello

Jueves, 22 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Máis de tres mil persoas están subscritas aos diferentes canles de información que puxo en marcha o Concello de Lugo nestes últimos dous anos.

Así, un total de 898 reciben información diaria sobre a actividade cultural que se desenvolve en Lugo. A Axenda Cultural, que tamén pode consultarse na web municipal, www.lugo.es [1], recibe as aportacións dos diferentes organismos culturais de Lugo e recíbese diariamente nos correos electrónicos de 898 persoas, 146 delas dadas de alta a nivel particular. O resto pertencen a asociacións, hoteis, centros de ensino e outros grupos.

Este sistema informativo comezou a funcionar no mes de marzo deste ano e foi adquirindo novos usuarios durante este periodo.

Ademais, o Concello conta tamén cun sistema de envío de listas de correo, que se fai a través da web municipal. Existen un total de 809 receptores de diferentes categorías, en especial de prensa galega e nacional.

Os temas de máis interese neste envío de listas son os plenos e xuntas de goberno local e tamén o aspecto cultural.

Existe tamén un sistema de envío de SMS gratuíto, que leva o nome de “O Concello no teu móbil”. Actulamente están suscritas 1.442 persoas. O 010, que é o organismo encargado da xestión deste servizo, envía unha media de 800 mensaxes diarios, xa que os usuarios están suscritos por categorías.

Os cursos, o emprego público, os concertos e as actividades culturais son as que teñen máis demanda informativa, con máis de mil persoas inscritas en cada un.

As actividades de xuventude, as de educación e o teatro son tamén das máis solicitadas por este servizo de recordatorio rápido.

Ademais destas vías directas de información, o Concello ofrece información continuamente da súa xestión e das actividades que se realizan a través da web municipal, www.lugo.es [1] e do teléfono de atención 010.

As operadoras do servizo 010 atenderon no que vai de ano un total de 11.726 chamadas telefónicas e contestaron 141 faxes e 1.446 correos electrónicos, o que supón un incremento importante respecto ao ano pasado en 1.963 chamadas, 89 faxes e 40 mails.

Ademais de utilizar este sevizo para obter información, moitos cidadán buscan orientación e axuda para ser atendidos noutros organismos como a Xunta de Galicia.

Ademais, mantense un aumento vertiginoso de usuarios da web municipal, cun promedio diario de 3.315 visitas, o dobre que o mesmo periodo do ano pasado.

En todos estes servizos os cidadáns poden darse de alta en calquera momento.


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/19865

Enlaces:
[1] http://www.lugo.es