Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Preto de cincuenta parellas contraeron matrimonio no Concello ao longo deste ano

Preto de cincuenta parellas contraeron matrimonio no Concello ao longo deste ano

Jueves, 22 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Un total de 46 parellas contraeron matrimonio na Casa Consistorial ao longo deste ano, o que supón un aumento do 17% con respecto ao ano pasado, cando polas mesmas datas celebraranse 38 casamentos.

O Alcalde, José López Orozco, segue a ser o edil que máis vodas oficia, pois durante estes sete meses casou a 24 parellas, máis do 50% das cerimonias. Luisa Zarzuela e José Piñeiro son os seguintes no “ranking” de oficiantes con cinco vodas cada un, seguidos de Carmen Basadre e José Ramón Gómez Besteiro, con tres casamentos ambos os dous. Os concelleiros José Manuel Díaz Grandío, Rosana Rielo, Dolores Vieiro, Concepción Burgo e Alicia Peña celebraron unha voda cada un; mentres, a edil Sonia Méndez estreábase como oficiante o pasado 23 de xuño.

Precisamente, o 23 de xuño foi o día que máis vodas se celebraron no Concello este ano, oficiándose seis cerimonias. Algunha das parellas escolleu esta data aproveitando que a festividade do San Xoán coincidiu en sábado. Como é tradicional, coa chegada da primavera e o verán o número de solicitudes disparase, pois en abril tiveron lugar 10 vodas, en maio 7 e en xuño 16; fronte a 1 en xaneiro, 2 en febreiro e 4 en marzo. No que levamos de xullo, casáronse 6 parellas. O ano pasado, os meses nos que se celebraron máis vodas foron agosto, con 15, e setembro, con 25.

Respecto aos costumes que se seguen nesta cerimonia civil, moitas parellas escollen traxes nupciais e adornan con frores o Salón de Plenos da Casa Consistorial. Ademais, acompañan con música a celebración levando a grupos concertistas. A banda sonora que escollen para as vodas vai desde as Marchas Nupciais de Häendel ou Mhedhelshon, a composicións de Ennio Morricone para a película “A Misión” ou cancións tradicionais galegas.

Ademais da lectura dos artigos 66, 67 e 68 do Capítulo V do vixente código Civíl, complétase a cerimonia cun poema que recita o edil oficiante. As obras líricas versan sobre a temática do amor e do matrimonio e os autores máis recorridos son Pablo Neruda, Pedro Salinas, Víctor Hugo, Khalil Gibran, Darío Xohán Cabana, Manuel María ou Xulio López Varcárcel.

Como curiosidade, a voda que máis convidados concentrou superou as trescentas persoas, que encheron o Salón de Plenos e os pasillos da Casa Cosistorial.


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/19850