Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Grupo Galego de Cancro de Pulmón visita a Casa do Concello

O Grupo Galego de Cancro de Pulmón visita a Casa do Concello

Jueves, 22 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Voceiro do Equipo de Goberno, José Rábade, recibiu na Casa do Concello ó Grupo Galego de Cancro de Pulmón. visitantes coñeceron hoxe Lugo, onde tiveron a oportunidade de visitar a Muralla, o Museo Provincial e a Casa dos Mosaicos, entre outros atractivos turísticos da cidade.

O voceiro municipal deulles a benvida e aproveitou a ocasión para agradecerlles o seu labor na loita contra o cancro.

Como recordo do municipio, os asistentes á recepción recibiron un libro de Dario Xohán Cabana e un pin da Muralla.

O grupo mantivo na cidade unha xuntanza para acordar protocolos de actuación que fagan máis eficaz á atención a aquelas persoas afectadas polo cancro de pulmón.


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/19748