Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > El chico de la última fila chega ás táboas do Auditorio Gustavo Freire

El chico de la última fila chega ás táboas do Auditorio Gustavo Freire

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Miércoles, 14 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A lectura dos deberes dun dos seus alumnos transformará a vida dun mestre de 55 anos desencantado coa su vida e traballo, devolveranlle a ilusión polos sonos perdidos e reavivarán nel vellas frustracións. A partir deste momento comezará un intenso vínculo entre profesor e alumno. Con este argumento chega ó escenario do Auditorio Gustavo Freire El chico de la última fila.

Os lucenses poderán disfrutar desta representación o sábado día 20 de outubro a partir das 20:30 horas gracias ó convenio de colaboración entre o Concello de Lugo e o Instituto Galego Escénico e Musical (INGAEM). A obra é a primeira das previstas na programación acordada entre a Concellería de Cultura e o INGAEM para o último trimestre do ano.

A obra de Juan Mayorga está dirixida por Helena Pimenta, Premio Nacional de Teatro 1993 e Premios da Asociación de Directores de Escena á Mellor Dirección en 1996, Premio do xurado e da crítica ó mellor espectáculo do Festival Internacional de El Cairo e Premio Lazarillo 2002 á mellor traxectoria teatral.

A entradas poderán adquirirse nas taquillas do Auditorio Gustavo Freire media hora antes da representación, a través de Internet en www.caixanova.es [1] ou no teléfono 902 504 500.


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/18869

Enlaces:
[1] http://www.caixanova.es