Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo repartirá 5.145 axendas escolares de prevención de drogodependencias nas familias

O Concello de Lugo repartirá 5.145 axendas escolares de prevención de drogodependencias nas familias

  • Tema
    • Igualdade
Martes, 13 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, presentou hoxe a Axenda escolar para nais e pais levada a cabo polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias e que serán distribuídas a pais e nais con fillos escolarizados entre primeiro e sexto de Primaria.

Repartiranse un total de 5.145 axendas de prevención nos 24 centros educativos da cidade. Do total de exemplares, 4.699 serán entregados ás familias, 198 ós mestres, 24 a orientadores, 24 ós directores dos centros e 200 para técnicos galegos.

Basadre indicou que "o obxectivo desta publicación é por ó servizo das familias un instrumento que sirva como soporte para transmitir información de utilidade na educación e na prevención do consumo de drogas dos rapaces".

A axenda contén, ademáis do común das axendas, un calendario de traballo coas familias nos centros educativos durante o curso 07-08, bibliografía e fontes de utilidade, enderezos de axuda e unha serie de temas desenvolvidos ó longo de cada mes:

- Aprender a escoitar
- Distribución do tempo
- A prevención desde a infancia
- Os pais como modelos
- Límites e normas
- Erros e mitos
- Cando comezar a sospeitar
- Tabaco e alcohol: os primeiros coqueteos
- Estar ben informados: glosario sobre drogas
- Avaliación e propostas

Como complemento a esta axenda elaborada polo Concello de Lugo, entregarase tamén O segredo da Boa vida, a axenda escolar para alumnas e alumnos de primaria, e a Guía de Prevención das Drogodependencias para mestres elaboradas polo Plan Nacional de Drogas.

Ademais realizaránse unha serie de actividades complementarias dirixidas a nais e pais lucenses como obradoiros, asesorías e charlas nas escolas ou o servizo de asesoría por correo e Internet. Ó longo do ano editarase un folleto para tratar con profundidade o tema comentado cada mes ó longo da axenda. Este monográfico colocarase nas zonas habituais de espera dos centros educativos.

Todas estas publicacións pretenden cumplir co obxectivo do Goberno Local da prevención e a formación dos rapaces para evitar que entren no mundo das drogodependencias.

Descarga da axenda na web do Servizo de Prevención de Drogodependencias [1]
Listado de distribución das axendas [2]


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/18272

Enlaces:
[1] http://prevenciondrogas.lugo.es/
[2] http://www.lugo.es/gestion/docs/Muller_Benestar_Social/Distr_Axenda_pais_2007.pdf