Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello organiza unha excursión a Mondoñedo e a San Miguel de Reinante dentro das actividades de verán

O Concello organiza unha excursión a Mondoñedo e a San Miguel de Reinante dentro das actividades de verán

  • Tema
    • Igualdade
Martes, 13 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Muller e Servizos organiza unha excursión a Mondoñedo e a San Miguel de Reinante, encadrada na programación de actividades de verán. Esta é a quinta Excursión de Verán que se programa desde os centros sociais da cidade, despois das viaxes a Ferrol, San Andrés de Teixido Pontevedra e a Porto do Son.

Un total de corenta e nove persoas inscribíronse para paticipar nesta actividade durante a que realizarán unha visita aos monumentos de Mondoñedo e á vila costeira de San Miguel de Reinante, onde gozarán dunha tarde de lecer na praia.

A saída terá lugar ás 8:00 horas desde a rúa San Marcos e o regreso será ás 19:00 horas.


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/18191