Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello destina 66.500 euros ás axudas ao aluguer

O Concello destina 66.500 euros ás axudas ao aluguer

  • Tema
    • Igualdade
Martes, 13 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concello concede as axudas ao aluguer correspodentes a 2007, para as que destina un orzamento de 66.500 euros, a un total de 55 persoas. Estas subvencións de carácter anual están a cargo da Concellería de Muller e Benestar Social e son xestionadas pola Empresa Municipal do Solo, Evislusa.

A Comision de Valoración reuniuse o pasado venres para analizar as 97 solicitudes que se recibiron, das que se valoraron positivamente 55. Os principais motivos de rexeitamento foron a falta de documentación, a presentación fora de prazo e non adaptarse aos requisitos establecidos. Nestes momentos, estas solicitudes están pendentes de resolución e en próximas datas serán comunicadas aos beneficiarios.

As bases da convocatoria establecen oito categorías de solicitantes que na distribución das axudas quedan da seguinte forma:

-Axudas a pensionistas: 6 persoas
-Axudas a inmigrantes: 19 persoas
-Axudas a xente nova: 10 persoas
-Axudas a familias monoparentales: 11 persoas
-Axudas a discapcitados: 4 persoas
-Axudas a mulleres vítimas de violencia de xénero: 2 persoas
-Axudas a persoas separadas ou divorciadas con problemas de acceso á vivenda por esta causa: 2 persoas
-Axuda a outros colectivos: 1 persoa


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/18038