Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Preto de 50 mulleres viaxan a Lisboa esta fin de semana dentro das actividades da Casa da Muller

Preto de 50 mulleres viaxan a Lisboa esta fin de semana dentro das actividades da Casa da Muller

  • Tema
    • Igualdade
Martes, 13 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Un total de 46 mulleres participan esta fin de semana na viaxe a Lisboa organizada pola Casa da Muller e o Concello de Lugo dentro do programa anual de actividades.

O percorrido destqa viaxe inclúe Lisboa, Sintra, Cascais e Estoril con volta a Lugo e o prezo do mesmo oscila entre os 95 e 100 euros e inclúe comidas, pernocta e autobús.

Esta viaxe estivo aberta á participación de todas as mulleres do termo municipal e durante o periodo de inscrición cubríronse as prazas ofertadas.

As mulleres sairán á unha do mediodía en autobús do parque da Milagrosa, fronte ás instalacións da Casa da Muller e voltarán o domingo pola noite.


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/17795