Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Continúa aberto o prazo de inscrición para viaxe a Lisboa que organiza a Casa da Muller

Continúa aberto o prazo de inscrición para viaxe a Lisboa que organiza a Casa da Muller

  • Tema
    • Igualdade
Martes, 13 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Casa da Muller do Concello de Lugo mantén aberto o prazo de inscrición para a viaxe destinada a mulleres do termo municipal que organiza todos os anos. Esta actividade consistirá nesta ocasión nunha estancia en Lisboa, entre o 13 e o 15 de abril.

Como as veces anteriores, o número de prazas está limitado pola capacidade do autobús, polo que a inscrición pecharase cando o cupo esté cuberto.

O prezo da viaxe será entre 95 e 100 euros e inclúe comidas, pernocta e autobús. O percorrido será por Lisboa, Sintra, Cascais e Estoril con volta a Lugo.


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/17678