Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Nove centros lucenses participarán na Aula de Formación teatral organizada pola Concellería de Educación

Nove centros lucenses participarán na Aula de Formación teatral organizada pola Concellería de Educación

Martes, 13 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Educación, María Dolores Vieiro, e o Director da Aula de Formación Teatral, Guillermo Cancelo, presentaron esta mañá o programa da nova edición desta actividade.

Un total de 86 alumnos participaron o ano pasado nesta aula de formación. Deles 38 nos grupos de adultos e 48 alumnos máis nos centros escolares que pertencían aos tres institutos adscritos ao programa, IES Leiras Pulpeiro, o CEIP As Mercedes e o Colexio de educación especial Santa María, este último, non so traballou cun grupo na formación teatral senón que tamén tivo un grupo destinado a creación de máscaras e monicreques.

Entre todos realizaron diferentes representacións en espectáculos diferentes, entre os que destaca Regalamos abrazos, as Xornadas de Concienciación contra o Acoso Escolar, ou as Xornadas Escénicas.

Así mesmo, o luns día 12 de novembro dará comezo unha nova edición da aula de formación teatral. A Aula de formación de adultos desenvolverase este ano no Centro Social de Fingoi e da Milagrosa dúas tardes á semana durante dúas horas.

No caso dos centros de ensino o número de participantes aumenta. Pásase de catro grupos de rapaces a un mínimo de 7 que traballarán un día á semana durante dúas horas. Xa está confirmada a participación na actividade dos centros de Educación Infantil: Fingoi 2, Casas, e Sagrado Corazón; de Primaria: CEIP Anexa e CEIP As Mercedes; de Educación Especial: Santa María. Quedan pendentes de confirmación os grupos que se están formando no IES Leiras Pulpeiro, IES Xoán Montes e IES Virxe dos Ollos Grandes.

Novidades na Aula

A Concelleira de Educación avanzou as novidades que presenta a edición desde ano de Aula de Formación Teatral. Realizaranse tres cursos intensivos de formación teatral con distintos profesionais do ámbito galego e nacional entre xaneiro e marzo.

Haberá un curso de Clown de 20 horas repartidas en tres días consecutivos impartido polos lucenses Iván Pardo e Fran Rei, membros do grupo Os sete magníficos máis un.

Ademais os participantes poderán asistir a un curso de escenografía teatral e a un curse de creación de máscaras e monicreques.


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/17309