Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > As Pedreiras acolle no Entroido unha xornada de inchables acuáticos

As Pedreiras acolle no Entroido unha xornada de inchables acuáticos

  • Tema
    • Deportes
Martes, 13 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Deportes, que dirixe, José Manuel Díaz Grandío, volve organizar este ano unha xornada de inchables acuáticos coincidindo coa celebración das festas de Entroido. O marco da celebración será a piscina municipal das Pedreiras.

Así, esta xornada terá lugar o sábado, día 17 de febreiro, entre as once e as dúas menos cuarto, pola mañá, e de cinco a oito, pola tarde.

Esta xornada de xogos na auga será gratuíta e está destinada a rapaces e rapazas de entre 5 e 14 anos. A inscrición para participar está xa aberta e pode realizarse no número de teléfono 982 284 318 ou na propia oficina da piscina.

Para participar, unicamente é necesario saber nadar e levar bañador, chanclas e gorro.


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/17129