Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Remata o tempo para realizar a reserva de praza na escola infantil Serra de Outes

Remata o tempo para realizar a reserva de praza na escola infantil Serra de Outes

Lunes, 12 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A escola infantil municipal situada na rúa Serra de Outes pecha mañá, xoves, o prazo para realizar a reserva de praza para aqueles nenos que xa estean matriculados no centro.

Unha vez rematado este tempo, abrirase un prazo novo de solicitude de matrícula para novas incorporacións. O impreso de reserva de praza será facilitado pola escola a cada neno e nena que reserva, polo que de non realizarse neste período entenderase que renuncia á súa praza.

Por outra banda, para solicitar praza por primeira vez será necesario cumplimentar os impresos e acompañalos da documentación solicitada para entregar no Rexistro do Concello. Poderán informarse deste proceso na propia escola infantil ou chamando ao número de teléfono 982 26 31 03.


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/16847