Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Luisa Zarzuela recibe a un grupo de estudantes de Moaña

Luisa Zarzuela recibe a un grupo de estudantes de Moaña

Lunes, 12 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela recibiu hoxe a un grupo de 50 estudantes do Instituto de Ensino Secundario A Paralaia, de Moaña, que están de visita na cidade dentro dun programa de fomento da lingua galega.

Durante a visita, a Concelleria falou da igualdade e da paridade existente no Concello de Lugo e felicitou a un grupo de mozas que teñen previsto estudar informática, “un mundo reservado aos homes pero que ten que cambiar”.

Falou tamén a Concelleira da importancia que lle da o goberno municipal a mellorar o emprego “para que non se teñan que marchar os mozos que non o desexen”.

O Concello fíxolle entrega dun pin da muralla a cada un dos participantes na excursión e levaron tamén unha mostra das publicación municipais.

Ao finalizar, o Alcalde achegouse até o Salón de Plenos para saudar a este grupo e invitarlles a regresar xunto coas súas familias.


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/16799