Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Alumnos da Aula de Formación Teatral realizarán unha viaxe didáctica a Londres

Alumnos da Aula de Formación Teatral realizarán unha viaxe didáctica a Londres

Lunes, 12 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Os alumnos do grupo de nivel avanzado da Aula de Formación Teatral, dependente da Concellería de Educación, participarán nunha viaxe didáctica a Londres os vindeiros días 2, 3 e 4 de marzo.

A Concellería de Educación subvenciona parte da excursión coa finalidade de completar o programa formativo deste curso de teatro. Un total de doce alumnos viaxarán á capital británica para asistir ao musical “O pantasma da ópera”, que leva máis de trinta anos en cartel, e para visitar o emblemático teatro fundado por Shakespeare The Globe Theatre.

Esta viaxe está encadrada dentro das actividades didácticas da Aula de Formación Teatral do Concello, que leva cinco anos de funcionamento e conta con 85 alumnos no curso actual.


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/16772