Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Alcalde de Lugo amosou a súa disposición ó diálogo coa Xunta de Persoal do Concello

O Alcalde de Lugo amosou a súa disposición ó diálogo coa Xunta de Persoal do Concello

  • Tema
    • Protección da comunidade
Lunes, 12 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Réxime Interior, José Rábade, mantiveron hoxe unha xuntanza cos órganos directivos da Xunta de Persoal do Concello.

Os representantes do Goberno Local recibiron, ó redor das 13:00 horas no Salón de Comisións da Casa Consistorial, ó Presidente da Xunta de Persoal, e demáis membros.

O Alcalde comunicoulles a súa clara intención de acadar, para os traballadores, o máximo nivel de melloras económicas e sociais que permita a legalidade. Ademais, López Orozco, dixo que o seu obxectivo será lograr un grao maior de estabilidade na plantilla,  pedindo iso sí, que o diálogo se leve a cabo nas mesas de negociación.  Para o Alcalde estes son os principios que rexerán a política de persoal nesta etapa.

O obxectivo do Goberno Local é chegar a unha política de persoal global entre todos os traballadores para facer máis efectivo o funcionamento do Concello.


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/16253