Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Participación organiza actividades infantís na praza de Abastos e no Mercado “para facilitar a conciliación durante as compras no nadal”

Participación organiza actividades infantís na praza de Abastos e no Mercado “para facilitar a conciliación durante as compras no nadal”

Cristina López: “organizamos actividades para que as nenas e nenos poidan divertirse e aprender mentres os pais e as nais realizan as compras na Praza e no Mercado”

As actividades terán lugar nas mañás do 4, 11 e 18 de decembro de 2021, e o 4 de xaneiro de 2022, entre as 11 e as 14 horas

  • Tema
    • Infancia,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Conciliación,
    • Mercados
Viernes, 03 de diciembre de 2021
Fuente: 
Gabinete de Prensa
Participación organiza actividades infantís na praza de Abastos e no Mercado “para facilitar a conciliación durante as compras no nadal”

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou unha serie de actividades infantís na Praza de Abastos e no Mercado Municipal “para que as nenas e nenos poidan divertirse e aprender mentres as nais e pais realizan as súas compras na Praza de Abastos e no Mercado Municipal”.

Desde a área de participación búscase “facilitar a conciliación familiar nas fins de semana, e facilitar que a veciñanza poida achegarse a coñecer os produtos de primeira calidade que se comercian na Praza e no Mercado”.

As distintas actividades terán lugar nas mañás do 4, 11, e 18 de decembro de 2021, e o 4 de xaneiro de 2022, en horario de 11 a 14 horas.

Organizaranse as seguintes actividades:

  • 4 de decembro: obradoiro de modelaxe en arxila polimérica de secado ao aire
  • 11 de decembro: obradoiro de cociña: “Galletas de Nadal”
  • 18 de decembro: obradoiro de scrapbooking de Nadal
  • 4 de xaneiro: obradoiro de cociña: “Roscón de Reis”

A concelleira de Participación afirmou que “estas actividades únense á campaña O noso mercado é un agasallo”, para promocionar a Praza e o Mercado, “e complementaranse con novas actividades para o período vacacional do nadal”.

Audio

  • A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, sobre as actividades infantís no Mercado | Descargar mp3 [1]

URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/114538

Enlaces:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/211203_cristina_lopez_actividades_infantis_mercado.mp3