Xornadas de alta cociña con retranca, un menú onde nada é o que parece pero todo sabe como cómpre
As Xornadas de Alta Cociña con Retranca son unha das iniciativas paralelas do Festival Internacional de Literatura e Arte con Retranca que, organizado pola Concellería de Cultura, se celebran por primeira vez este ano, do 6 ao 12 de abril, na cidade de Lugo.
- Tema
- Cultura e Turismo
Concibidas como un complemento ás tapas retranqueiras que serven diversos establecementos da hostalaría local (rotulados “de bo humor garantido”), están deseñadas ex profeso para a ocasión polo chef Santi Almuiña, do Mesón Colón.
Trátase de pratos que “non son o que semellan”, cuxos ingredientes, porén, o restaurador mantén en secreto “para non desbaratarlle a sorpresa” aos comensais e mesmo “potenciar” a súa imaxinación.
O menú retranqueiro do chef Almuiña inclúe:
- Berberechos ao sal con xenxibre confeitado
- Lata de alcachofas con tonno de Quianti
- Ostra confeitada con folla de holanda
- Pastel de anemone de mar con crocante de congro
- Morcilla de pescado azul
- Atún ronnin
- Arroz con leche versión
Os locais “con bo humor garantido” que participan no Festival servindo tapas á Retranca son:
- Restaurante España
- Restaurante Antas
- Restaurante Campos
- Restaurante O Mercado
- Arroceiría Os Cachivaches
Ademais, o Festival ten a súa propia cervexa, “posiblemente a peor do mundo (ou non)”, chamada –por suposto- Retrancus, e elaborada artesanalmente.