Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > Un grupo de peregrinos de Lugo di Romagna (Italia) visitan a nosa cidade

Un grupo de peregrinos de Lugo di Romagna (Italia) visitan a nosa cidade

  • Tema
    • Urbanismo
Luns, 12 de setembro de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, recibiu hoxe un grupo de peregrinos da cidade italiana de Lugo di Romagna, que visitaron este venres a nosa cidade.

Un dos peregrinos, Vittorio Piva, xa estivera o ano pasado no Concello onde fora recibido polo Alcalde, José López Orozco.

O grupo, formado por oito persoas, aproveitou a súa viaxe a Santiago de Compostela para achegarse hoxe ata Lugo.

A cidade da que proceden, Lugo di Romagna está situada na provincia italiana de Ranvenna.

 


URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/un-grupo-de-peregrinos-de-lugo-di-romagna-italia-visitan-nosa-cidade-0