Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > O Vello Cárcere acollera a exposición de Miguel Núñez ata o 18 de abril

O Vello Cárcere acollera a exposición de Miguel Núñez ata o 18 de abril

O edil de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, lembrou que “o artista conta cunha traxectoria de máis 25 anos traballando a madeira e o metal”

A exposición ten por título Metal e Madeira - Ollada e tacto do Artista Miguel Núñez

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Museos e exposicións
Xoves, 21 de xaneiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Vello Cárcere acollera a exposición de Miguel Núñez ata o 18 de abril

Inaugurouse no Centro Cultural do Vello Cárcere a exposición Metal e madeira. Ollada e tacto do artista Miguel Núñez. Acompañou ao artista na inauguración o edil de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, que sinalou que "un dos retos asumidos do Vello Cárcere como centro cultural é ofrecer un espazo de divulgación artística que dea cabida a artistas que asumen como reto creativo a experimentación". A mostra de Miguel Núñez é un bó exemplo do compromiso artístico do autor co esa experimentación no proceso creativo. Esta exposición ocupa as Celas de Mulleres e poderase visitar ata o 18 de abril.  

Miguel Núñez, que conta cunha traxectoria de máis de 25 anos, preséntanos unha escolma de pezas moi persoal, coa que establece un diálogo entre materias, a madeira e o metal, para  confluir nunha mestura de volumes e texturas que cobran formas sorprendentes, ben en escultura, ben en pintura. Rivas sinalou que "este xogo dicotómico acaba derivando nunha harmonía narrativa que conxuga a esencia da obra artística coa experiencia contemplativa do espectador". Na exposición o expectador convirtese nun elemento activo, cómplice e partícipe no proceso creador. A intención do artista reflíctese na propia elección do título da mostra.


URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/o-vello-carcere-acollera-exposicion-de-miguel-nunez-ata-o-18-de-abril