O Sagrado Corazón ergue a man para aportar as súas ideas para os orzamentos participativos
Os veciños e veciñas poden seguir achegando as súas propostas ata o 9 de setembro a través de loop.lugo.gal ou no Rexistro Xeral Tras esta reunión, o Goberno achegarase a outras barrios da cidade.
O Concello informa destas reunións tanto na súa web www.lugo.gal [1] como nas redes sociais.
- Tema
- Alcaldía,
- Orzamentos participativos
O local social dos maiores do Sagrado Corazón acolleu este mércores a primeira xuntanza do Goberno de Lugo coa veciñanza para implicala nos Orzamentos Participativos, un proceso no que será a cidadanía a que decida en que e en onde investir os orzamentos municipais. Así, os lugueses e luguesas poderán, unha vez máis, decidir de forma directa o destino de 350.000 euros con cargo ao presuposto deste 2018.
Ao redor de 25 persoas participaron nesta primeira reunión, que presentou a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e na que tamén estivo presente a Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo.
Esta é a primeira fase dos orzamentos participativos, a recollida de propostas de diferentes investimentos de ata 15.000 euros, que estará aberta ata o 9 de setembro. Ademais desta ferramenta de participación, os veciños e veciñas poden facer chegar as súas ideas a través da web loop.lugo.gal [2] ou ben no Rexistro Xeral do Concello. Nesta fase pode participar calquera persoa empadroada en Lugo ou con vinculación co municipio, sexa por estudos ou traballos.
Tras esta reunión, o Goberno achegarase a outras barrios da cidade. O Concello informa destas reunións tanto na súa web www.lugo.gal [3] como nas redes sociais.
Obxectivos dos Orzamentos Participativos
Este proceso de participación veciñal persegue tres obxectivos fundamentais:
- Fomentar a participación a través dun exercicio público transparente, procurando a maior participación veciñal posible, que permita a vinculación activa das e dos lucenses co desenvolvemento local do seu municipio.
- Promover que a cidadanía non sexa simple observadora dos acontecementos e decisións, e que poida converterse en protagonista activa do que ocorre no seu municipio, tanto nas zonas urbanas coma nas rurais; afondando así na democracia participativa.
- Mellorar a comunicación entre Concello e veciñanza, xerando espazos nos que achegar ideas que incentiven o consenso sobre a forma de como deben gastarse os recursos municipais, ao tempo que serve de instrumento para promover a solidariedade entre a cidadanía e os seus barrios.
Máis información en https://loop.lugo.gal/ [2]