Lara Méndez recibe no Concello ao novo Almirante en Xefe da Armada de Ferrol
Ignacio Frutos Cruz entrevistouse coa rexedora lucense no marco dun encontro institucional.
- Tema
- Alcaldía,
- Axenda institucional
Luns, 08 de novembro de 2021
Fonte:
Gabinete de Prensa
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu hoxe no seu despacho ao novo Almirante en Xefe da Armada de Ferrol, Ignacio Frutos Cruz.
A xuntanza enmárcase no conxunto de encontros que a rexedora mantén periodicamente co resto de administracións, organismos públicos e Corpos e Forzas de seguridade do Estado, dentro da actividade institucional municipal.
Durante a reunión, Lara Méndez trasladoulle a Ignacio Frutos os seus parabéns polo nomeamento e interesouse pola actividade que desenvolve a Armada en Galicia. Antes de rematar o encontro a alcaldesa aproveitou tamén para facerlle entrega dun libro sobre a historia de Lugo e do pin de prata do Concello.