Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa visita a XVII Feira do Entroido de Nadela, coa que colabora o Concello

A Alcaldesa visita a XVII Feira do Entroido de Nadela, coa que colabora o Concello

A entidade local colabora coa Asociación Carballeira de Nadela neste evento, posto que se enmarca na súa aposta por potenciar a comercialización dos produtos con denominación de orixe Lugo

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Cultura e Turismo,
    • Mercados
Domingo, 19 de febreiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa visita a XVII Feira do Entroido de Nadela, coa que colabora o Concello

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asistiu este domingo á XVII Feira do Entroido de Nadela que acolleu durante a xornada de mañá a carballeira desta parroquia lucense. O Concello colabora coa Asociación Carballeira de Nadela nesta cita, posto que se enmarca na súa aposta por potenciar a comercialización dos produtos con denominación de orixe Lugo.

Durante a visita, a rexedora reiterou o apoio do Concello á Feira do Entroido de Nadela, que é unha das apostas desta entidade local para potenciar a comercialización dos produtos con denominación de orixe de Lugo e revitarlizar así o medio rural.

Na XVII Feira do Entroido déronse cita ao redor dun cento de expositores, que puxeron á venda produtos característicos destas datas, así como doces típicos do Entroido e artesanía.

Pedro Revaldería, xornalista lucense afincado en Madrid, que conta cunha longa traxectoria profesional e nos últimos anos interveu no deseño de diferentes proxectos de televisión, foi o encargado de ler o pregón, no que lembrou a súa nenez en Nadela. A charanga DGT e o Dúo Muralla amenizaron esta xornada, á que ademais da rexedora asistiron outros membros da Corporación Municipal.


URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-visita-xvii-feira-do-entroido-de-nadela-coa-que-colabora-o-concello