Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa acompaña a xornalistas, estudosos e amigos do Camiño nun percorrido polo tramo lucense

A Alcaldesa acompaña a xornalistas, estudosos e amigos do Camiño nun percorrido polo tramo lucense

APECSA reuniu a medio cento de participantes nunha xornada que forma parte do seu programa Días de Andar... As Camiñadas, conmemorativo do 25 aniversario do Xacobeo e da declaración do Camiño como Patrimonio Mundial

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Cultura e Turismo,
    • Información turística
Sábado, 20 de outubro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa acompaña a xornalistas, estudosos e amigos do Camiño nun percorrido polo tramo lucense

A Alcaldesa, Lara Méndez, xunto ao voceiro municipal, Miguel Fernández, participou este sábado na camiñada urbana polo Camiño de Santiago ao seu paso por Lugo, entre a ponte da Chanca e a romana, unha actividade organizada pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño (APECSA), en colaboración coa Asociación da Prensa de Lugo e a de Amigos do Camiño da provincia, que forma parte do seu programa Días de Andar... As Camiñadas, conmemorativo do 25 aniversario do Xacobeo e da declaración do Camiño como Patrimonio Mundial. Méndez, que ofreceu no consistorio unha recepción ao medio cento de participantes, aos que agasallou cunha escolma de textos do Doutor Castro e unha guía do Camiño ao seu paso por Lugo, ambas editadas polo Concello, subliñou que esta actividade contribúe a seguir potenciando a ruta xacobea, como o está a facer o Goberno con diversas iniciativas, entre elas, a institucionalización dun día dedicado ao Camiño nas festas de San Froilán ou as actuacións de posta en valor recollidas na estratexia DUSI financiada con fondos europeos.


URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-acompana-xornalistas-estudosos-e-amigos-do-camino-nun-percorrido-polo-tramo-lucense