Aberto o prazo de inscrición para participar na XV Carreira Popular Lugo Monumental-Gran Premio CaixaBank
Miguel Fernández presentou esta proba deportiva, que terá lugar o 17 de decembro, con saídas ás 11:00 horas para os nenos e nenas e ás 12:00 horas na Ronda da Muralla para adultos
Todas as persoas interesadas poden inscribirse ata o martes 12 de decembro na web https://championchipnorte.com [1]. A inscrición da proba de adultos está limitada a 1.500 participantes
- Tema
- Deportes
O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, presentou este venres, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, a XV Carreira Popular Lugo Monumental-Gran Premio CaixaBank, que se celebrará o domingo 17 de decembro. Na presentación o edil estivo acompañado polo subdirector de publicidade de El Progreso, Luis Barrio. Este evento está organizado polo Concello en colaboración coa FFM e está patrocinado por CaixaBank. Colaboran El Progreso, Coca Cola, Concesionario Seat Roysan Auto, Larsa, Viesgo, Decathlon, Hospital Polusa, Ndorfina Sports, Club Ciclista Correcamiños, Cruz Vermella, Policia Local e Protección Civil.
Miguel Fernández agradeceu a todas as entidades a súa colaboración e lembrou que “xa chegamos á quince edición desta proba, que está perfectamente consolidada e é moi demandada polos atletas participantes nas carreiras populares”, ao tempo que destacou os lugares emblemáticos da cidade polos que vai transcorrer, como a Muralla ou a Catedral.
A partir das 11:00 horas terán lugar as saídas das probas dos nenos e nenas, mentres que a saída da proba para adultos será ás 12:00 horas. A categoría mini partirá dende a Rúa Vilalba, mentres que as restantes categorías saíran da Ronda da Muralla pola zona da Mosquera. A categoría de adultos realizará un percorrido cunha distancia aproximada de 10 quilómetros.
Todas as persoas interesadas poden inscribirse ata o martes 12 de decembro na web https://championchipnorte.com [1]. A inscrición da proba de adultos está limitada a 1.500 participantes.
Audio
- Miguel Fernández, sobre a XV Carreira Popular Lugo Monumental | Descargar mp3 [2]