Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > "Lugo na memoria. Un percorrido pola historia da cidade"

"Lugo na memoria. Un percorrido pola historia da cidade"

  • Tema
    • Novas tecnoloxías

[1]

“Lugo na memoria. Un percorrido pola historia da cidade é unha aplicación virtual baseada en fotografía panorámica 360º que pretende poñer en valor o pasado da cidade a través da divulgación do importante fondo documental que atesoura o Concello. O fondo documental municipal é unha fonte de información básica para o coñecemento da evolución urbanística da nosa cidade.

O usuario poderá ir recorrendo as rúas e prazas do casco histórico mentres accede á información e documentos orixinais que contribuíron a conformación destes espazos, identificará aos arquitectos e técnicos que idearon e planificaron eses espazos polos que hoxe paseamos, e visualizará como evolucionaron eses espazos hasta chegar a actualidade. A través de máis de un milleiro de fichas de información invitamos a cidadanía de Lugo a lembrar como fomos e aos visitantes que se achegan a nosa cidade a descubrir a mesma desde una nova perspectiva.

Mais aplicación non pretende ser un punto é final senón un punto sobre o que crecer, por iso desde o Concello invitamos á cidadanía a contribuír a este proxecto aberto con documentos, historias e lembranzas que contribúan a resaltar o noso importante pasado. Para tal fin habilitouse como contacto o correo electrónico lugonamemoria@lugo.gal [2].

Por último subliñar que a presente aplicación foi confeccionada polos alumnos e alumnas do Obradoiro dual de emprego InteracTICvate que durante os últimos 9 meses estiveron a alternar a súa formación coa realización deste e outros traballos.

Acompáñasnos neste paseo?”

Lara Méndez López (Alcaldesa de Lugo)

 

Acceso á aplicación interactiva

  • http://lugonamemoria.gal/ [1] 

URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/lugo-na-memoria-un-percorrido-pola-historia-da-cidade

Ligazóns:
[1] http://lugonamemoria.gal/
[2] mailto:lugonamemoria@lugo.gal