Solicitudes de Axuda (Anexo I) e Xustificación (Anexo II) do Plan de emprego municipal (con)trato feito!

Presentación: 
Presencial
Descarga

Formularios de Solicitude de Axuda (Anexo I) e Solicitude de Xustificación da Axuda (Anexo II) do Plan de emprego municipal (con)trato feito! do Concello de Lugo.

Prazo de presentación de solicitudes: do 24/09/2016 ata o 13/10/2016 (ámbolos dous inclusive)

Solicitude de Axuda (Anexo I) - Documentación que se debe achegar:

  • DNI
  • Tarxeta de identificación fiscal da entidade
  • No  caso  de  sociedades,  escritura  de  constitución  inscrita  no  rexistro  correspondente,  e DNI da/o representante e poder de representación
  • No caso das asociacións, fundacións, federacións e demais entidades sen ánimo de lucro: representación da entidade solicitante e escritura de constitución e estatutos debidamente inscritos  no  rexistro  correspondente, e deberá quedar  acreditada,  de  ser  o  caso,  a  súa condición de entidade sen ánimo de lucro. Documento acreditativo de que a persoa que asina a solicitude representa á entidade solicitante
  • Documentación acreditativa da alta no IAE ou alta no Censo de obrigados tributarios
  • Documentación acreditativa da alta na Seguridade Social
  • No  caso  de  non  autorizarlle  ao  Concello  de  Lugo  a  consultar  a  súa situación  de  estar  ao  corrente  de  pagamentos  coas  diferentes administracións públicas, deberá  achegar  os certificados  emitidos pola Axencia  Estatal  de Administración Tributaria, a Seguridade Social e Xunta de Galicia
  • Convenio colectivo sectorial de aplicación
  • Aceptación de forma de comunicación/notificación
  • Memoria descritiva da actividade da empresa
  • Cadro resumo do perfil do perfil do traballador e retribucións
  • Certificado da conta bancaria emitido pola entidade financeira para o ingreso da axuda

Solicitude de Xustificación da Axuda (Anexo II) - Documentación que se debe achegar:

  • Contratos, nóminas e TC (TC1 e TC2 relativos ao período subvencionable)
  • Xustificantes do pagamento dos custos de persoal e da cotización empresarial á Seguridade Social (xustificante bancario no que estea perfectamente identificada a transacción)
  • Informe de vida laboral da persoa traballadora contratada actualizada
  • Informe de vida laboral da empresa actualizado
  • Informe de períodos de inscrición no Servizo Público de Emprego no que poida verificarse a antigüidade da demanda da persoa traballadora contratada
  • Certificado da conta bancaria emitido pola entidade financeira para o ingreso da axuda
  • Memoria explicativa e detallada da realización da totalidade do proxecto con expresa mención dos resultados obtidos de acordo co establecido na resolución de concesión
  • No caso de non autorizarlle a súa consulta ao Concello de Lugo no momento da solicitude: certificados de estar ao corrente dos pagamentos coas Administracións Públicas