Solicitude de axuda para material escolar no segundo ciclo de educación infantil, curso 2022-23

Código: 
352
Presentación: 
Presencial
Descarga

DOCUMENTACIÓN QUE DEBERÁ ACHEGAR CON ESTA SOLICITUDE E INFORMACIÓN DE AXUDA

  • Copia do dni ou nie da/o solicitante e da/o cónxuxe ou das persoas que representen legalmente ao menor.
  • Copia do libro ou libros de familia ou, na súa falta, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar
  • Anexo I : cuberto e asinado pola/o solicitante e pola/o cónxuxe dos autorizando ao Concello de Lugo a solicitar:
    • Os datos fiscais da certificación do último exercicio fiscal á Axencia Tributaria.
    • Certificación ou informe de estar ao corrente das obrigas coa Seguridade Social dos/das proxenitores/as ou titores/as legais,  ou das persoas que representan legalmente á nena ou neno. (De non autorizar a consulta, deberán adxuntar á solicitude a citada documentación.)
    • Declaración responsable de cumplir coas bases.
      • Estar ao corrente das obrigas co concello.
      • Non ter solicitado nin recibido subvencións para a mesma finalidade.
      • Non estar incursa/o en prohibición de ser beneficiaria/o conforme o artigo 13.7 da Lei 38/2003.
      • Certificado da situación de monoparentalidade recoñocida pola Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Documentación acreditativa dos daquelas persoas en situación de divorcio, separación ou nulidade matrimonial (sentenza xudicial e convenio regulador).
  • Documentación acreditativa dos ingresos daquelas persoas que, convivindo no domicilio estean tuteladas por un dos proxenitores, e documentación acreditativa de tal tutela.

Información:

  • Aos efectos desta convocatoria, os membros da unidade familiar serán computados dacordo coa Lei 35/2006 da renda das persoas físicas.
  • No caso de custodia compartida, a unidade familiar constará da/o nena/o e os dous proxenitores, e só poderá solicitarse a axuda por un deles.
  • No caso de presentar a solicitude en versión dixital, o Anexo I deberá estar asinado igualmente por ambos proxenitores.
  • Todas as listas, provisionais e definitivas; así como os requerimentos de subsanación publicaránse no taboleiro dixital do concello https://www.lugo.gal/portal/tablonanuncios

Directorio