Solicitude 915 - Participación na convocatoria pública para a autorización de uso en precario de locais sitos na Casa Clara Campoamor e Maria Mariño para asociacións de interese social

Código: 
915

Documentación que deberá achegar

Xuntarase á presente solicitude a seguinte documentación:

  • DNI da persoa solicitante
  • Documento acreditativo da representación da entidade solicitante
  • Documento xustificativo do CIF da entidade
  • Estatutos completos da entidade nos que deberá constar a inexistencia de ánimo de lucro e o obxecto social
  • Documentación xustificativa de estar legalmente constituída
  • Certificación de inscrición no rexistro público correspondente agás que a inscrición sexa no Concello de Lugo
  • Certificacións de estar ao corrente nas obrigas fronte a Axencia Estatal da Administración Tributaria,a Delegación de Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia e a Tesourería Xeral da Seguridade Social
  • Documentación xustificativa da declaración de utilidade pública, de ser o caso
  • ANEXO II.: Memoria de actividades desenvolvidas
  • ANEXO III: Programa de actividades a realizar no local municipal
  • ANEXO IV: Certificado no que se faga constar o número de socios, número de profesionais contratados con indicación da xornada laboral e número de persoas beneficiarias das actividades realizadas ao longo do ano 2021
  • Calquera outra documentación que a entidade estime convinte para unha mellor avaliación da súa solicitude

+ info