Solicitude 163 - Solicitude ao Gabinete de Tráfico da Policía Local

Código: 
163

Instruccións

Esta instancia deberá presentarse cunha antelación mínima de 2 días hábiles ó previsto para a reserva de vía pública. No caso de que o solicitante necesite que o concello de Lugo realice a sinalización da mesma, o prazo de presentación será de 5 días hábiles. Este prazo poderá verse modificado por circunstancias especiais que determine o departamento encargado do seu informe e tramitación. Dentro da zona PEPRI non se poderá ocupar a vía pública nas fines de semana e días festivos. No caso necesario deberase tramitar mediante a OCUPACIÓN DE VÍA PÚBLICA correspondente.

  • ZONAS DE OCUPACIÓN: Non se poderá afectar á circulación de vehículos e persoas. Enténdese por afección a vehículos cando se invada algún carril de circulación. E por afección a peóns, cando se invada a banda peonil libre segundo se establece na normativa de accesibilidade vixente.
  • DIMENSIÓNS DA OCUPACIÓN: O espazo solicitado deberá ser o mínimo necesario para realizar os traballos.
  • TEMPO DE OCUPACIÓN: O período de reserva solicitado non poderá superarse en ningún caso. De ser necesario ampliar o tempo de ocupación deberase realizar unha nova solicitude ou de prórroga da xa concedida.
  • A SINALIZACIÓN da reserva de vía pública realizarase con unha antelación mínima de 24 horas, mediante dous valos, un ó inicio e outro ó final da reserva, situados de forma perpendicular á zoa de aparcamento ou beirarrúa, sen impedir o tránsito de vehículos ou persoas e con unha sinal de prohibido parar e estacionar e un cartel indicando a dimensión e tempo de ocupación.

Documentación que deberá achegar coa instancia

  • Identificación dos interesados ou representante mediante Documento Nacional de Identidade ou documento identificativo equivalente.
  • Acreditación, se é o caso, da representación cando se actúe en nome de outra persoa física ou xurídica.
  • Plano, fotografía ou esquema (pode ser realizado a man) indicando, de forma inequívoca, o lugar e dimensións da ocupación.
  • Copia da licenza municipal ou comunicación de obra que autorice a realizar os traballos (se procede).
  • Xustificante de pago da taxa correspondente por aproveitamento especial da vía pública segundo a ordenanza fiscal vixente. Mudanzas modelo 153. Colectores modelo 152.
  • No caso de que se trate de unha prórroga de unha reserva xa presentada, non será necesario presentar de novo toda a documenación, será suficiente con acompañar unha copia da primeira solicitude e a taxa correspondente á prórroga solicitada. A ocupación total non poderá superar os 10 días hábiles.

O declarante, baixo a súa responsabilidade:

  • Que posúe un seguro de responsabilidade civil vixente da empresa que realice os traballos, que ampare os riscos sobre as persoas e bens, a os efectos dos danos que se poidan producir.
  • A veracidade e precisión dos datos aportados á Administración municipal.
  • Axustarse ás condicións da declaración responsable, así como ao cumprimento dos requisitos que lle sexan esixibles segundo as normativas vixentes que resulten aplicables (traballadores, vehículos, etc.).
  • Posuir as autorizacións necesarias, aportadas pola Administración ou terceiros que poideran verse afectados polo desenvolvemento do solicitado, que deberán mostrarse en todo momento ó persoal municipal que as requira.