Solicitude de matrícula Escola Municipal de Música - Curso 2022-23

Código: 
391

AVISO: O vindeiro mércores, día 6 de xullo, ás 11 h. procederase ao sorteo da letra para o establecemento de prioridades conforme ao disposto nas bases do procedemento de matrícula.

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo do día 1 de Xuño ven de publicar as bases que rexerán o proceso de matriculación na Escola Municipal de Música do Concello de Lugo para o curso 2022 - 2023.

As persoas interesadas deberán presentar as solicitudes no Rexistro Auxiliar da Escola Municipal de Musica, no Rexistro Xeral do Concello de Lugo, ou en calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/15 de 1 de Outubro, de procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

O prazo para a presentación de solicitudes rematará o día 23 de Xuño.

Horario de Rexistro na Escola Municipal de Música:

  • Luns: 10:00 - 13:00 / 16:00 - 20:00
  • Martes - Mércores - Xoves: 16:00 - 20:00

Os alumnos que desexen matricularse deberán presentar a seguinte documentación:

  • a) Solicitude en modelo específico debidamente cumprimentado que se facilitará na secretaría do centro. No caso de alumnos menores de idade, a solicitude deberá ir asinada pola nai/pai, ou persoas que ostenten a súa representación legal.
  • b) Fotocopia do DNI da persoa interesada (no caso de ser maior de idade), ou da nai/pai, ou persoas que ostenten a súa representación legal no caso de ser menores de idade.
  • c) Certificación bancaria da conta onde se desexe domiciliar o pagamento dos recibos pola utilización do servizo municipal da Escola Municipal de Música onde apareza o titular e o número de conta.

Idades de Matrícula - Curso 2022/2023

  • MÚSICA E MVTO 1: Nados no ano 2018
  • MÚSICA E MVTO 2: Nados no ano 2017
  • FORMACIÓN BÁSICA 1: Nados no ano 2016
  • FORMACIÓN BÁSICA 2: Nados no ano 2015
  • LINGUAXE MUSICAL 1: Nados no ano 2014
  • LINGUAXE MUSICAL 2 - 3 - 4 - 5 - 6: Nados con anterioridade a Xaneiro do ano 2014
  • FORMACIÓN DE ADULTOS: Ter cumpridos os 16 anos e sen límite de idade máxima