Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Renovación de licenza municipal para a tenza de animais clasificados como potencialmente perigosos

Renovación de licenza municipal para a tenza de animais clasificados como potencialmente perigosos

Código: 
654
Presentación: 
Presencial
Descarga
  • Tipo
    • Licenza | Autorización,
    • Prórroga | Renovación
  • Ámbito
    • Medio ambiente,
    • Rexistros municipais
  • Destinatario
    • Animais potencialmente perigosos

Documentación que deberá achegar

  • Formulario de solicitude debidamente cumprimentado
  • Fotografía tamaño carné da persoa solicitante para a súa colocación na tarxeta acreditativa da licenza
  • Certificado de antecedentes penais, no que conste que a persoa solicitante non foi condenada por delitos de homicidio, lesións, torturas, contra a liberdade ou contra a integridade moral, a liberdade sexual e a saúde pública, de asociación con banda armada ou de narcotráfico, así como non estar privada por resolución xudicial do dereito á tenza de animais potencialmente perigosos. Información para a súa obtención: www.mjusticia.es [1]
  • Certificado Negativo do rexistro correspondente que xustifique a ausencia de sancións por infraccións graves ou moi graves con algunha das sancións accesorias das previstas na alínea 3 do artigo 13 da Lei 50/1999, en materia de tenza de animais potencialmente perigosos. Pode obterse na Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente.
  • Certificado de Capacidade Física, onde se acredite que a persoa solicitante non está incapacitada para proporcionarlle os coidados necesarios ao animal e garantir o seu axeitado manexo, mantemento e dominio e Certificado de Aptitue Psicolóxica, ambos os dous emitidos por un centro de recoñecemento debidamente autorizado de acordo co Real decreto 2272/1985.
  • Acreditación de ter formalizado un Seguro de Responsabilidade Civil, que se renovará anualmente, por danos a terceiras persoas que poidan ser causados polos seus animais, pola cobertura mínima de 125.000 € (presentarase copia acompañada do documento orixinal para o seu cotexo, no que se acredite que foi aboada a prima correspondente, así como o período de vixencia do seguro e o número de microchip do animal asegurado).

+ info

60.69 KB
Solicitude 654 - Renovación de licenza municipal para a tenza de animais clasificados como potencialmente perigosos

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/tramites/renovacion-de-licenza-municipal-para-tenza-de-animais-clasificados-como-potencialmente

Ligazóns:
[1] http://www.mjusticia.es