Entidades Xurídico-Privadas Sen Ánimo de Lucro que desenvolven a súa actividade no eido da Promoción da Igualdade de Xénero, no fomento do deporte femenino, ocio e actividades culturais que fomenten a integración da muller ou na promoción, a orientación, o asesoramento e a formación sobre dereitos humáns en materia LGTBI e sobre diversidade sexual e de xénero. Exercicio 2022
Código:
919
Presentación:
Presencial
Online
Descarga
- Tipo
- Axuda | Subvención
- Ámbito
- Servizos sociais
- Destinatario
- Asociacións, fundacións e entidades,
- Cidadanía en xeral
Documentación Xeral
- Fotocopia do NIF da persoa que actúa como representante.
- Copia do documento acreditativo da representación que ten a persoa solicitante na entidade ou asociación.
- Certificación da conta bancaria da asociación.
- Declaración responsable para os efectos de solicitar (ANEXO IV).
- Declaración responsable da/o secretaria/o da entidade, co visto e prace da/o presidenta/o da entidade, no que conste a relación de persoas que figuran na xunta directiva, así como as diferentes vogalías ou departamentos dela.
- Fotocopia do CIF da asociación ou institución que representa
- Copia dos estatutos ou documentos acreditativos da personalidade da entidade. Na copia dos estatutos deberá figurar o selo xustificativo da inscrición no rexistro público correspondente.
- Acreditar a súa inscrición, de ser o caso, no Rexistro de fundacións da Xunta de Galicia, no do Estado ou en ambos os dous.
- Acreditar a súa inscrición, de ser o caso, no Rexistro de entidades relixiosas da Dirección Xeral de Cooperación Xurídica Internacional e Relacións coas Confesións dependente da Subdirección Xeral de Relacións coas Confesións ou en calquera outro rexistro público que as acredite como tal.
- Documentación acreditativa das súas normas, fins, obxectivos…
Documentación específica:
Cando os obxectivos das subvencións sexan programas de actividades
- Memoria do programa de actividades, relación gastos/ingresos (ANEXO II)
- Cando o obxecto da subvención sexan os gastos de mantemento e reparación de infraestructura e equipamento:
- Memoria da necesidade do gasto (ANEXO III)
Prazo de presentación
- Do 14/07/2022 ao 04/08/2022, ambos os dous inclusive