Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Bonificación na cota do imposto sobre o incremento de valor dos terreos para o inmoble considerado vivenda habitual da/o causante

Bonificación na cota do imposto sobre o incremento de valor dos terreos para o inmoble considerado vivenda habitual da/o causante

Código: 
311
Presentación: 
Presencial
Descarga
  • Tipo
    • Bonificación de taxa
  • Ámbito
    • Facenda local,
    • Urbanismo, vivenda e solo
  • Destinatario
    • Cidadanía en xeral

Poderán solicitar esta bonificación as persoas descendentes, adoptadas ou ascendentes e adoptantes, ou a cónxuxe ou o cónxuxe da/o causante ou persoa con que convivira a/o causante con análoga relación de afectividade e así conste nun rexistro público.

A bonificación aplicarase sobre a cota íntegra resultante na liquidación emitida correspondente á herdanza do ben de natureza urbana onde a persoa causante estivese empadroada na data do seu falecemento.

A bonificación aplicarase en función do valor catastral do solo:

  • De 0 a 8.000 €: 95 %
  • De 8.000,01 a 16 000 €: 50 %
  •  De 16.000,01 a 40.000 €: 25 %

Esta bonificación deberá solicitarse dentro do prazo habilitado para a presentación da declaración deste imposto, seis meses contados dende a data de falecemento da persoa causante.

+ info

385.78 KB
Solicitude 311 - Bonificación na cota do imposto sobre o incremento de valor dos terreos para o inmoble considerado vivenda habitual da/o causante

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/tramites/bonificacion-na-cota-do-imposto-sobre-o-incremento-de-valor-dos-terreos-para-o-inmoble