Bases do Certame "Concurso de Monólogos no Confinamento"
Presentación:
Presencial
Online
Descarga
- Tipo
- Comunicación
A área de Xuventude pon en marcha un certame de monólogos para a mocidade que pretende animar á poboación xuvenil a aproveitar as horas na casa realizando actividades que lles gusten ao tempo que desenvolven dotes artísticas. O obxectivo é promover, entre os mozos e mozas, a creatividade, imaxinación e novos quefaceres neste período de confinamento ao que a cidadanía nos vimos abocados tras a declaración do Estado de Alarma como medida de loita contra a expansión do COVID-19.
O certame está aberto a mozas e mozos de 14 a 35 anos empadroados en Lugo, que estuden ou traballen no municipio. Cada participante debera presentar un único traballo de 4 a 10 minutos de duración.