Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Autorización para a instalación de guindastre

Autorización para a instalación de guindastre

Código: 
177
Presentación: 
Presencial
Descarga
  • Tipo
    • Licenza | Autorización
  • Ámbito
    • Urbanismo, vivenda e solo
  • Destinatario
    • Cidadanía en xeral

Documentación que deberá achegar

Documentación xenérica e para instalación do guindastre dentro do solar

  • Formulario de solicitude debidamente cumprimentado
  • Plano de localización do guindastre, coas áreas de varrido da pluma, asinado pola/o arquitecta/o autor/a do proxecto ou pola/o director/a das obras
  • Copia autenticada da póliza de seguro de responsabilidade civil con cobertura total de calquera xénero de accidentes que poida producir o funcionamento do guindastre e a súa estancia en obra, así como do recibo acreditativo do pagamento por todo aquel período polo que se solicita a autorización do guindastre
  • Proxecto de instalación. Certificación expedida por persoal técnico competente, consonte coas disposicións legais en vigor e visada polo colexio oficial que corresponda, de bo funcionamento e seguridade do guindastre, durante o tempo de instalación e ata a súa desmontaxe
  • Copia da solicitude de instalación e posta en servizo do guindastre, presentada na Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio
  • Fotocopia da licenza de obras

Documentación a maiores para instalación fóra do solar 

  • Plano de localización deberá de vir visado polo Colexio Oficial de Arquitectas e Arquitectos.
  • Certificado asinado pola/o arquitecta/o e visado polo Colexio Oficial de Arquitectas e Arquitectos, que xustifique a necesidade de situar o guindastre na vía pública

Documentación unha vez instalado o guindastre

  • Certificación da empresa instaladora, acreditativa da correcta montaxe do guindastre en perfecto estado para o seu funcionamento e de acordo coa autorización concedida

+ info

82.89 KB
Solicitude 177 - Autorización para a instalación de guindastre

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/tramites/autorizacion-para-instalacion-de-guindastre