Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A XVIII Exposición de Cogumelos, oranizada pola Sociedade Micolóxica Lucus, terá lugar o vindeiro 3 de novembro

A XVIII Exposición de Cogumelos, oranizada pola Sociedade Micolóxica Lucus, terá lugar o vindeiro 3 de novembro

Maite Ferreiro presentou a exposición, coa que colabora a área de Cultura do Concello, xunto con Julián Alonso

A exposición estará aberta de 11 a 14 e de 16 a 20:30 horas, e será de entrada gratuíta

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Luns, 28 de outubro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A XVIII Exposición de Cogumelos, oranizada pola Sociedade Micolóxica Lucus, terá lugar o vindeiro 3 de novembro

A Concelleira de Cultura, Turismo  Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, acompañada por Julián Alonso, da Sociedade Micolóxica Lucus presentaron a XVIII Exposición de Cogumelos. A mostra terá lugar no Colexio Rosalía de Castro durante o domingo 3 de novembro, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:30 horas, e será de entrada gratuíta.

Maite Ferreiro sinalou que “é de agradecer o traballo que están facendo dende a Sociedade Micolóxica non só na labor divulgativa senón tamén con numerosas actividades que organizan para achegarnos  e dar a coñecer a toda a veciñanza o mundo da micoloxía”.

Na exposición cada exemplar está acompañado por unha ficha técnica da especie en cuestión onde se indican datos como o seu hábitat, se é comestible ou non, ou a súa toxicidade, ademais dunha pequena exposición fotográfica e un espazo audiovisual segundo sinalou Julián Alonso.

Audios

  • Julian Alonso, sobre a XVIII Exposición de Cogumelos | Descargar mp3 [1]
  • Maite Ferreiro, sobre a XVIII Exposición de Cogumelos | Descargar mp3 [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/xviii-exposicion-de-cogumelos-oranizada-pola-sociedade-micoloxica-lucus-tera-lugar-o-vindeiro

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/191028_julian_alonso_expo_cogumelos.mp3
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/191028_maite_ferreiro_cogumelos.mp3